Traballo artesán
No meu obradoiro fabrico cada guitarra completamente a man unha por unha, empregando técnicas tradicionais desenvolvidas polos grandes luthieres do pasado, así coma técnicas máis modernas.
Existen unha serie de factores que fan dunha guitarra un instrumento de calidade, como por exemplo unha boa seleción da madeira, un calibrado minucioso da tapa ou uns remates finos e elegantes.


Guitarras únicas
Cada guitarra deséñase buscando unha gran resposta acústica cun son de grande presenza e ben equilibrado. Amáis, as guitarras trabállanse para conseguir un tacto o máis cómodo posible.
Perseguindo a mellor arquitectura na guitarra clásica, emprego madeiras de alta calidade coas mellores propiedades acústicas e estéticas, de cultivo sostible e responsable, incidindo cada vez máis no emprego de materiais locais.


