Construción de guitarra clásica

Neste curso intensivo de dúas semanas poderás aprender a construir unha guitarra clásica baixo a titoría dun luthier artesán profesional.

Proporcionaranse tódalas ferramentas, madeiras e tódolos materiais necesarios. Ao final do curso terás unha guitarra feita coas túas propias mans.

Modalidade: Individual.
Só haberá un alumno por convocatoria de xeito que a titorización será exclusiva.

Lugar: No meu obradoiro de Vigo (Galicia)

Fecha: Á túa elección

Horario: 2 semanas de luns a sábado (8 horas diarias)

Programa: Construción dunha guitarra clásica e iniciación ao vernizado con gomalaca

Precio: 2900€ IVE incluido

OPCIONAL: Ampliación do curso para rematar a fase de vernizado.